martes, 28 de febrero de 2012

PLATERO MAIS EU EN CARNAVAIS

O mércores pola tarde había un montón de xente disfrazada e Platero estaba asustado polo ruído.
-Non te asustes Platero de esta xente que celebran os carnavais felizmente.
Camiñabamos polo parque que estaba cheo de fariña e ovos. Tres nenos subiron a torre de cordas correndo para lanza ovos e fariña a o pobre Platero asustado. El correu ata o estanque de peixes, os arbores protexían a Platero dos ovos e a fariña.
-Platero non te enfades co eses nenos solo queren divertirse porque estamos en carnavais.
El tranquilizouse coas miñas palabras andamos ata a praia e contemplamos o avermellado mar pola a posta de sol e fomos para a nosa casa e contemplamos as carrozas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario